En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O XIII Mercado Medieval abre as portas no Barco

A primeira xornada da feira contou coa actuación das pandereteiras de Veigamuíños e do grupo Pándega

En torno ás seis da tarde do sábado 9 de xullo abría as portas o Mercado Medieval Tremiñá-Veigamuíños que este ano chega á XIII edición contando cun sinfín de postos. Dende froita, bebidas, doces e cuncas ata pasando por xabóns, pasando por prendas de vestir, libros, xoias ou artesanía. Moitos e moi diversos son os produtos que enchen as rúas desta localidade barquense nesta fin de semana na que recrea a súa época medieval.

A feira, promovida pola Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños en colaboración co Concello do Barco, inclúe diversas actividades complementarias. Dende demostracións de oficios e un torneo de bolos ata a actuación das pandereteiras desta entidade con paradas en distintos puntos do recinto. Ademais, entregáronse os premios do VIII concurso literario de L. Galega e o público pudo disfrutar de danzas medievais na praza así como da música do grupo tradicional Pándega.

O programa da mostra continúa mañá domingo dende as 12h. coa tradicional mostra de malla e criba prevista para as 20:30h.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button