CulturaCulturaÚltima hora

Mostra de pintura de Yosso, no Concello de Vilariño de Conso

Trátase dunha pequena escolma de cadros do valdeorrés Xosé de Valbuxán que se inaugurará na tarde do 29 de decembro

 

Cartel da exposición.

A arte, e máis en concreto a pintura, será unha das protagonistas neste Nadal en Vilariño de Conso. Nel ofrecerase a posibilidade de poder visitar unha escolma da pintura do recoñecido pintor e escritor bolés Xosé de Valbuxán “Yosso”.

A exposición estará instalada na Casa do Concello e o acto inaugural da mesma está previsto para o vindeiro sábado 29 de decembro ás 17:30h. Será, sen dúbida, unha magnífica oportunidade para desfrutar e reencontrarse coa obra deste destacado creador valdeorrés. A mostra terá un carácter permanente.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button