En portadaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

A mostra “Inxertarte” complementa a Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras

A enxerta, os apeiros, o ferro, a pedra e o coiro forman parte desta exposición prevista para o 6 de agosto

O vindeiro sábado 6 de agosto, a Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras celebra o XX aniversario. Unha data na que se espera contar coa asistencia de miles de persoas de diferentes puntos da xeografía.

Por iso dende o Concello de Vilamrtín queren dar un paso máis e aproveitar o tirón da festa xa consolidada, coa organización dunha actividade complementaria para dar a coñecer a cultura e tradicións da vila a toda esa xente que vén de fóra. Así nacía “Inxertarte” unha mostra na que se repasan os coñecementos básicos do cultivo da vide e as artes que acompañaban na elaboración e garda do viño, que permanecerá aberta na rúa Miguel de Cervantes, o sábado 6 de agosto de 11 a 20:30h. aproximadamente, aínda que “se os dos pistos queren, poden ter aberto ata máis tarde”, puntualizaba a concelleira de Cultura Amparo Rodríguez, na presentación da iniciativa, que tiña lugar o 3 de agosto.

_DSC4345

Xunto a Amparo, o artífice da mostra, Amancio Delgado (responsable da Biblioteca Municipal) asegurou que esta primeira edición será un pouco experimental, “a ver como sae”, explicando que durante o proceso de creación descubriu verdadeiras marabillas ao redor dos labores tradicionais como por exemplo, o Museo do Liño de Manzaneda sobre o que hai unha exposición no Centro Sociocultural Santa Lucía.

A mostra constará de seis expositores: enxerta, pedra, tecidos, ferro, madeira e adegas, todos eles traballos que forman parte da vida tradicional no campo, aos que engaden a gastronomía coa posibilidade de degustar pratos da terra (polbo, caldo galego, carne ao caldeiro, lacón con grelos, bica,…) en diferentes locais de hostalaría: Marbella, Acuarela, A Lastra, Santos, Rodeleira e A Calzada.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button