Galerías de fotosÚltima hora

Muchas (perfumerías & droguerías) cambia de ubicación no Barco

O establecemento comercial vén de abrir as portas ao público na rúa Conde Fenosa Nº 11

Nova ubicación para un mellor servizo. Despois de anos no mapa comercial do Barco de Valdeorras, o establecemento de perfumería, cosmética, droguería e parafarmacia “Muchas” cambiaba o seu emprazamento dentro da mesma rúa, pasando do Nº 45 ao Nº 11 de Conde Fenosa, un local máis amplo, máis cómodo, máis vivo e con moitos maís produtos.

Neste último abría as portas ao público na mañá do 17 de xuño, logo dunhas semanas de intenso traballo para transformar o antigo establecemento hostaleiro (Nobuk), neste comercial, centrado no servizo de perfumería e droguería, co rosa fucsia e o branco como imaxe promocional.

Con sede en Vigo, a empresa Hogarlin (“Muchas”) ten un total de 37 tendas. 35 en Galicia, unha en Benavente e outra en Medina del Campo, e tal como explica o director de tendas, José Manuel Pereira, “o noso obxectivo é continuar a expansión por Castela León”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button