CulturaCulturaÚltima hora

Mulleres da política galega expoñen iniciativas para elevar a presenza da feminina na cultura

O III encontro Mulleres Creadoras do Festival Internacional de Teatro de Ourense arrancou cunha mesa na que se falou sobre políticas de intervención nesta materia
As compoñentes da mesa foron recibidas pola concelleira de Cultura do Concello de Ourense. // Foto: Carlos Asensio.  

 

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu hoxe o III Encontro de Mulleres Ceradoras no marco do FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense). Unha actividade xa tradicional enmarcada dentro desta cita e que encárgase de analizar e reflexionar en torno á visibilidade das actividades artísticas das mulleres; interconectar ás diferentes creadoras dun novo panorama escénico xurdido en Galicia e “a solidariedade para acadar resultados concretos e efectivos de vez, afianzar e emprender procesos progresivos para alcanzar a igualdade entre homes e mulleres no ámbito cultural”.

Así, na mañá de hoxe, 13 de outubro, tivo lugar a primeira das mesas titulada “A Cultura e o Xénero. Políticas de Intervención”. Un encontro entre mulleres políticas de diferentes ámbitos da política como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; as deputadas pola provincia no parlamento de Galicia, Ánxeles Cuña (En Marea) e Noa Presas (BNG) e a deputada no Congreso dos Deputados de En Marea, Alexandra Fernández; e Laura Seara, do PSOE e a Plataforma Feminista Galega.

Na presentación, a moderadora e actriz Marta Pérez, expuxo con datos os argumentos que levaban a organizar este tipo de iniciativas, entre eles están as cifras: “A análise das cifras de participación das mulleres respecto aos homes no teatro a nivel estatal indican que só 1 de cada 4 papeis son para unha actriz, no cine e series de televisión só un 20% das personaxes son para mulleres, fronte un 80% para os homes. Na dirección artística e dramaturxia o 79% son homes fronte ao 21% de mulleres. En música e espazo sonoro tamén é importante a desproporción: un 87,5% os homes e un 12,5% as mulleres. Podemos dicir que existe pois, unha clara división do traballo en función de xénero, aparecendo oficios e profesións feminizadas e outras masculinizadas”.

Todas coincidiron en que a presenza das mulleres en altos cargos axudará a garantir a igualdade. // Foto: Carlos Asensio. 

Por este motivo, todas as mulleres políticas expuxeron o que fan, dende o seu ámbito, para dar presenza ás mulleres neste mundo. Por exemplo, Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, arrancou cun discurso no que enumerou a todas as mulleres que tiveron presenza na historia da cultura “e que son apartadas dos libros de texto”, dixo. A presidenta foi tallante ao asegurar que “hai unha forte desigualdade neste mundo” e reiterou que “temos mulleres que están a ser referentes a nivel europeo e mundial das que non sabemos o nome, e isto non pode ser”, sentenciou. Por este motivo, explicou, dende a administración que preside crearon un área de Igualdade “a primeira Deputación de Galicia que a ten”, aclarou, e enumerou as iniciativas entre as que está a creación dunha escola de igualdade baixo o no me de “Maria de liliane”, co que puxeron en marcha o proxecto “Cinema e Muller”, “co que fixermos un mapeo de todas as mulleres vencelladas o mundo do cinema na provincia”, dixo Silva, entre outras moitas.

Tras Carmela Silva foi a quenda da deputada Alexandra Fernández, que referenciou dúas iniciativas “unha que xa está aprobada e outra que será aprobada nas vindeiras semanas”. Entre esas está “a creación dun observatorio de igualdade no campo da Cultura dentro da Comisión de Igualdade”, a cal, dixo “temos que agardar a que o PP a asuma”. A outra iniciativa é a da aprobación dunha iniciativa de “transición profesional no audiovisual”. Esto quere dicir que, segundo explicou Fernández, que cando a xente chega a certa idade “non poden exercer o seu traballo como os actores, bailaríns ou acróbatas de circo” e esta iniciativa, dixo a deputada, “vailles axudar a atopar traballo tras ese retiro da súa actividade habitual”.

Tamén Noa Presas asegurou que as iniciativas políticas son esencias para garantir a igualdade no mundo da escena. Entre esas están a “potenciación dun teatro galego de calidade onde as institucións teñen que facer unha inversión económica estable” así como “a promoción e integración dos espectadores, facendo prezos populares para que a xente teña accesibilidade á cultura, e neste punto teñen moita implicación os concellos”, dixo.

Todas expuxeron o seu discurso e todas estiveron de acordo en que a muller ten que ter máis presenza dentro do mundo da cultura (música, teatro, cinema etc.) e todas chegaron á conclusión de que a muller ten que ter máis presenza nas institucións públicas e en altos cargos para poder levar a cabo políticas de igualdade na cultura.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button