ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Máis dun cento de mulleres celebran o 8M cunha cea no Teleclub de Petín

Aproveitaban a ocasión para felicitar á alcaldesa, Raquel Bautista, polo seu aniversario

 

Ao redor da mesa celebraban un ano máis o Día Internacional da Muller en Petín. Na noite do sábado 8 de marzo unhas 110 mulleres de diferentes idades asistían á cea organizada polo Concello no Teleclub.

Entre risas, charlas e moi bo ambiente, aproveitando a ocasión para felicitar á alcaldesa, Raquel Bautista polo seu aniversario, as asistentes degustaban un menú de ibéricos e langostinos como entrantes, costela como prato principal, postre, café e chupitos.

 

 

Nesta ocasión o baile, no mesmo local, corría a cargo de Danzalia Disco Show e Dj Pemento.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button