DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima horaVídeos

Vitoria por goleada para o Rúa Valdeorras Futsal en casa, no Día Internacional da Muller

Co 11-1 remataba o partido disputado contra Xinzo na tarde deste sábado 8 de marzo

 

Da mellor forma posible celebraba o equipo feminino de fútbol sala da Rúa o Día Internacional da Muller. Na tarde deste sábado 8 de marzo o Rúa Valdeorras Futsal superaba 11-1 a un Xinzo feminino moi minguado.

 

 

En homenaxe á muller, o partido disputado no pavillón municipal Victorino Núñez comezaba o saque de honra por parte da delegada do equipo local, Raquel Bautista (que hoxe está de aniversario) e no minuto 9 Marta adiantaba as valdeorresas co primeiro gol, seguido do segundo, no mesmo minuto, obra de Julia. María del Mar anotaba no 14′ e Leti no 21′.

 

 

O único tanto das limás chegaba no minuto 23 e a partir de aí as amarelas seguían anotando sen tregua. María del Mar marcaba noutras dúas ocasións, Julia e Marta un gol máis cada unha, completando o resultado os goles de Alba, Anxela e Carlota.

Con este resultado as rapazas de Jovito manteñen o liderato cun punto de vantaxe sobre o segundo, o Carballiño.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button