ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Multitudinaria procesión da Santa Rita no Barco

 

O son das bombas e da Banda de gaitas da Veiga marcaba o inicio da procesión da Santa Rita no Barco. A súa imaxe percorría as rúas do centro da vila, acompañada por multitude de persoas no mediodía deste 22 de maio, día grande das festas na súa honra.

 

 

A comitiva percorría as rúas España, Marcelino Suárez, Santa Rita, Estación, para regresar de novo á igrexa de Santa Rita. A imaxe da Santa Rita, esculpida polo artista barquense Xelo de Tremiñá, ía rodeada de rosas vermellas, como símbolo das que floreceron no seu horto durante o inverno.

 

 

Tamén eran numerosos os fieis valdeorreses que levaban estas mesmas flores á procesión, achegándose con elas á santa buscando a súa bendición. Ao remate da procesión (no que a Policía Local encargábase de regular o tráfico e velar pola seguridade) tiña lugar a misa concelebrada polos sacerdotes da Unidade Pastoral do Barco que presidía este año Daniel Pérez Quintela, párroco de Rubiá e capellán do Hospital Público Valdeorras.

 

 

 

O programa festivo deste 22 de maio continuará ás 14h. cun concerto da Banda de gaitas da Veiga na praza José Otero. Pola tarde, a partir das 20:30h. haberá baile coa orquestra Ritmo Joven, que volverá actuar ás 00h. na verbena.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button