



















































A XX Festa do Botelo do Barco tiña un complemento moi especial a partir das 19h. do 18 de xaneiro: a V Foliada e Cantos de Taberna. Media ducia de grupos participaban nesta edición cun circuíto por nove establecementos de hostalaría: Xanadú, O Futuro, A Fábrica, A Pampa, 13/14, Bajo 5, Al Natural, O Buraco e Veira Sil.
Multitude de persoas sumábanse á foliada e enchía estes locais para desfrutar da música de Os Parrandas (O Barco), Foliada de Bosende (Lugo), Os Corenta e Chinco Boys (A Pobra do Brollón), Macizas Centrais (Trives), Os Somontanos (A Pobra do Brollón). Os cantos de taberna prolongábanse ata as 23h.
Ademais eran os encargados do pasarrúas dende o Teatro Lauro Olmo despois do pregón (13:30h.) ata o pavillón de Calabagueiros onde tiña lugar o xantar.
Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.