Galerías de fotosOurenseTempo de EntroidosÚltima hora

Multitudinario desfile de Entroido en Ourense

O Concello reparte miles de euros en premios, no Concurso de Comparsas 2016

A imaxinación, o traballo e o mimo cos que a xente transforma ideas en traxes para celebrar o Entroido, queda fóra de toda dúbida. Polo menos así quedou patente no multitudinario desfile que na tarde do domingo 7 de febreiro, percorreu as rúas da cidade de Ourense.

Centos de persoas desfilaban en comparsas, ao son das charangas, amosando os disfraces no que levaban tempo traballando. De vedettes, de animais, de ramos de flores, de fotógrafos, de membros do circo, de bailarinas, de arañas,… as posibilidades son infinitas e o resultado, espectacular.

O xurado tívoo moi difícil pero finalmente estes foron os premiados no Concurso de Comparsas do Concello de Ourense 2016: Con menos de 10 compoñentes, o 1º premio (400 euros) foi para “Hermanos de Batalla”; o 2º premio (300 euros) par “Machines”; e o 3º premio (200 euros) para “Maravillas del Mundo”. Con máis de 10 compoñentes, o 1º premio (900 euros) foi para “Invasión nas rúas; o 2º (700 euros) para “Ao son dos xigantes; e o 3º (500 euros) para “Fofulandia”. O premimo á comparsa máis numerosa (300 euros) foi para “Vacas”; á máis ocurrente ou graciosa (300 euros) para “Lundi in the sky”; e á mellor animación musical (300 euros) para “Marcianos”.

Con respecto ás carrozas, o premio ao mellor deseño (300 euros) foi para a “A.C. Andén I”; e á de mellor animación (300 euros)
a “Comparsa Ciklon”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button