Galerías de fotosÚltima hora

Música coral e merenda para recibir o ano en Vilanova (O Barco)

A igrexa de Santa María acolleu o concerto de aninovo organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro

Por terceiro ano consecutivo os veciños de Vilanova, no concello do Barco de Valdeorras, recibían o ano cun concerto coral. Da man da Asociación Cultural O Mosteiro, na tarde do 2 de xaneiro a igrexa de Santa María acollía o concerto de aninovo coas actuacións dos membros da Coraliña Cantora de Trives, do Orfeón Trivés e da Coral Municipal de Vilamartín. Tres agrupacións dirixidas por Sandra González.

Tal como explican dende O Mosteiro, un ano más a benvida musical ao ano foi todo un éxito e despois do concerto compartiron unha merenda no local das escolas de Vilanova.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button