CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música e maridaxes de chocolates con licores artesanais, no Espazo Icatú, en Parada de Sil

 

O Espazo Icatú, en Parada de Sil, inaugura a súa nova tempada de concertos este venres, 17 de maio, coa formación de folk céltico Tor, que presentará temas do seu novo traballo. Unha data que coincide co Día das Letras Galegas e á que acudirán artistas convidados de renome dentro deste tipo de música. “Levamos anos querendo terlles na nosa programación. É unha desas formacións que si ou si, tes que ver en directo e para nós é unha xoia poder abrir con eles unha tempada que promete”, engade Diego Soto, director do Espazo Icatú.

 

 

Nesta edición especial, xa que o equipo cumpre quince anos programando a artistas de todos os lados do planeta, súmanse os nomes de Jorge Pardo Trío, Hovhanes (“quizais o mellor Duduk do mundo”, din dende Icatú), Quiet, Ton Risco ou Lucía Puído entre outros. Sen dúbida, unha interesante propota cultural para esta primavera-verán. “Tela na Ribeira Sacra e, en concreto, en Parada de Sil, é un privilexio e un orgullo”, engade Diego Soto.

Ademais, non só haberá concertos, jams ou proxeccións de Concertos dos 70´s senón que este ano volven as Maridaxes ao Espazo Icatú. A primeira delas está prevista para o 1 de xuño en colaboración coa Casa Museo de Chocolate de Teimende. É unha proposta encamiñada a mesturar os deliciosos chocolates desta parte da Ribeira Sacra cos Licores Artesáns Icatú.

 

Artigos relacionados

Back to top button