CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música en directo e potentes Djs, na Semana Santa do Bravo Lux, na Rúa

GLOW PARTY.

 

Música en directo e Dj de primeira fila para encherán de música e ambiente nocturno os días 5, 6, 7 e 8 de abril no Bravo Lux, na Rúa. Entre as novidades deste ano destacan a esperada volta de artistas como Pablo Balseiro ou Dj Motto e a exclusiva do grupo Nostrakas.

O Bravo Lux dá a coñecer o seu programa festivo para esta Semana Santa que se concentrará entre os días 5 e 8 de abril. Unha benvida ao novo mes cun cartel de luxo no que destacan dous concertos e 4 sesións con algúns dos mellores Dj do momento. Javier Ferrer, xerente de Bravo Lux, comenta que afrontar esta programación tan ambiciosa supón un gran esforzo de organización e un custo económico moi importante “pero A Rúa e toda a súa zona de influencia necesitan e merecen este tipo de eventos. A día de hoxe case non quedan locais onde poder vivir grandes noites de festa e nós facemos o posible para que en Valdeorras haxa algunha alternativa”, remarca Ferrer.

 

O músico coruñés Pablo Balseiro.

 

O xoves, 6 de abril, actuará por primeira vez en Valdeorras a banda Nostrakas, formación cun potente directo que fai versións dos mellores temas do pop e rock nacional e internacional. Destaca neste trío o músico Rafael Rodríguez García, máis coñecido como Rafa Kas, cunha dilatada traxectoria formando parte de grupos como Ilegais, Los Toreros Muertos, La Unión ou Extremoduro. O concerto será ás 20h.

Tras varios anos sen ter noticias polas terras de Valdeorras, Quiroga e O Bierzo, volve tocar no Bravo Lux o músico coruñés Pablo Balseiro, moi querido por esta zona. O seu concerto será o venres, 7 de abril, ás 20:30h. Balseiro ofrece un directo que é pura festa, creando un ambiente propicio para compartir, gozar e pasalo ben. Á Rúa traerá o seu espectáculo Rumbas&Guateque, un popurri de versións con diferentes estilos e artistas, así como temas propios.

 

Nostrakas.

 

A programación nocturna comezará xa o mércores 5 de abril con 2 Dj: Rede Marcx e Sergito. A entrada será de 6 € incluíndo unha consumición. O xoves 6, estará Dj Tariro, un coñecido da casa que ameaza cunha gran noite de “festa rachada”. Entrada de 6€ con consumición. O venres 7 anúnciase en maiúsculas unha GLOW PARTY’cos mestres de cerimonia, Dj Motto, Iván Tato e Moi. Neste caso o prezo da entrada será de 10€ incluíndo consumición. Como fin de ciclo, o sábado 8 estarán Dj Sergito e Iván Tato. A entrada custará 6€ con consumición.

 

Artigos relacionados

Back to top button