En portadaÚltima hora

“Muy a pecho”, exposición con acento trivés que retrata a convivencia co cancro, na Arxentina

Con fotografías de Inés Martínez e Romina Franceschin, poderá verse ata o vindeiro 6 de maio no Museo da Emigración Galega

 

É unha narración en primeira persoa sobre a dura convivencia diaria dunha muller co cancro de mama. Dende o fatídico diagnóstico, a caída dos primeiros cabelos e as bágoas ata o ingreso hospitalario, a evolución no xeito de facerlle fronte á enfermidade ou ata chegar asentir a cercanía da morte. “Muy a pecho” é unha exposición moi especial, que retrata textual e visualmente unha crúa realidade á que se enfrontan hoxendía multitude de mulleres: a do cancro de mama.

Un dos momentos do acto inaugural da exposición.

 

É unha mostra moi coidada na que se xunguen a poesía e a fotografía da man da escritora Inés Martínez, de orixe trivesa e que padeceu cancro de mama, e da fotógrafa Romina Franceschin. Abríase o público o pasado 7 de abril na sala Antonio Soto do Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA). Achégase con outra mirada ao cancro de mama, mira de fronte á enfermidade e desvela o máis íntimo de cada etapa da doenza, pero deixando sempre espazo á esperanza.

“A intención disto, o por que, non era o exhibicionismo, non era o aplauso que agradezo, non era o abrazo que me encanta”, sinalaba Inés Martínez, nacida en Bos Aires pero de familia trivesa, no acto inaugural da exposición, “é simplemente froito do esgotamento de ver nas salas de quimio e nas salas de espera de raios á xente morta antes de tempo”. Así xestábase esta exposición que poderá verse ata o 6 de maio e que Martínez só desexa que poida servirlle a outros.

 

De esquerda a dereita, Hebe Mabel Otero, presidenta del MEGA; Romina Romina Franceschin e Inés Martínez.

Para a fotógrafa Romina Franceschin este proxecto resultou un reto, “un proceso moi duro, un desafío en todo sentido. O acto inaugural contaba coa asistencia do presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FAGRA), Diego A. Martínez Duro, quen cualificaba a exposición como “reveladora” e remarcaba a importancia de abordar esta temática a través das súas propias protagonistas, pois conestes estas testemuñas poden constituír unha gran ensinanza para o público”.

Fotos: Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina.

Artigos relacionados

Back to top button