De paseo pola aldea da Anagaza, na parroquia trivesa de Somoza, Flor María Pérez atopou unha foto en branco e negro. Nela vese a un grupo bastante grande de mozos e mozas pousando con chourizos ao espeto na man, polo que pode tratarse dunha das pandillas que asistía a algunha festa similar á do Chourizo de Vilanova, ou pode que a esa mesma, pero décadas atrás. A xulgar pola vestimenta, entre os anos 60 e 70 do século vinte.
O malo é que son todo suposicións porque nada se sabe da foto. De feito, a propia Flor María (que vén de alugar a casa que ten na aldea), preguntou a todos os veciños que pudo se recoñecían a alguén da fotografía “para atopar ao seu dono e devolverlla, pero non conseguín ningunha pista”, asegura. Por iso a publicamos hoxe no periódico dixital OSIL.info.
Se algún dos lectores recoñece aos mozos que aparencen na imaxe ou ten idea de onde e cando pudo ser tomada, gustaríanos que se puxese en contacto connosco (a través das nosas redes sociais ou no correo electrónico suplementos@osil.info) para facilitarlle a información a Flor e que poida devolverlla ao seu dono ou a algún dos que sae nela.