
O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) fai balance da oitava edición da “Noite Branca”, unha campaña de dinamización comercial que se desenvolvía na tarde-noite do venres 18 de xuño coa participación de 28 comercios e 2 establecementos de hostalaría.
“A pesar da choiva, os participantes da VIII Noite Branca do Barco valoran positivamente a campaña. Os clientes apostaron, unha vez máis, polo comercio de proximidade e encheron as tendas durante horas, aproveitando as promocións e os descontos en produtos de tempada. Segundo afirman os comerciantes, as vendas durante a Noite Branca foron moitas, aínda que a choiva de última hora da tarde minguou a actividade comercial e de lecer”, sinalan dende O Barco CCA, que preside Jacobo Arias.
Por outra banda, “a nova iniciativa Xogamos!, que tivo que ser trasladada ao Pavillón vello pola choiva, foi un éxito”, engade a asociación, “nhas setenta persoas, de todas as idades, animáronse a participar no concurso da Noite Branca Xogamos!, no que se premiou aos clientes con agasallos doados polos asociados do CCA O Barco e con vales de compra”.
Ademais e entre todos os participantes, o CCA O Barco sorteou unha televisión de 32 polgadas da marca Hisense. Nesta ocasión, a afortunada foi unha veciña do Barco.
“Desde o CCA O Barco estamos moi satisfeitos tanto polas vendas como polo desenvolvemento do concurso, que esperamos póidase celebrar noutra ocasión grazas á boa acollida”.