EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Nace Bajo 5, un novo e orixinal proxecto de hostalaría no Barco

Despois de sete anos á fronte do Bar Vinum no Barco, Naya e Manu veñen de facer realidade “un soño”, tal e como eles mesmos contan, e de crear un novo proxecto hostaleiro moi persoal e diferente. Trátase de Bajo 5, que vén de inaugurarse na tarde-noite do 13 de agosto cunha multitudinaria asistencia.

Este novo establecemento, cunhas amplas, acolledores e moi coidadas instalacións, está situado en pleno casco antigo barquense, na praza do Sagrado e plantexa unha proposta innovadora que mestura bebidas e produtos gastronómicos de calidade cunha oferta cultural. De aí o seu nome completo: Café Teatro Pinchos Bajo 5.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button