CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Nace unha asociación para protexer e investigar os lagares rupestres da península

A iniciativa partía dos expertos participantes no Foro dos Lagares Rupestres de España e Portugal, celebrado os días 24 e 25 de febreiro e onde Luis e Alejando Paadín eran os únicos representantes galegos

Analizar a situación científica dos lagares rupestres da península. Con esta pretensión desenvolvíase o Foro Hispano-luso de Lagares Rupestres os días 24 e 25 de febreiro na localidade salmantina de San Esteban de la Sierra. Congregaba a 22 expertos en diversas áreas da cultura do viño (arqueólogos, historiadores, antropólogos, etnógrafos e enólogos) procedentes de España e Portugal, entre os que estaba os galegos Luis e Alejandro Paadín, autores do libro “Las piedras que hacían vino” e que participaban tamén como ponentes.

Estímase que na Península Ibérica existen máis de 1.000 elementos ou lagares rupestres e estes especialistas demostraban no decurso das súas ponencias a rica tipoloxía existente, con lagares para as diferentes formas de elaboración, incluíndo o emprego de “prensas a tornillo” e de viga.

Así durante dous días os asistentes ao foro debatían diversos temas de cara a crear unha asociación internacional dedicada á localización, investigación, conservación e divulgación destas estruturas pétreas que se usaban durante case tres mil anos para a elaboración de viño.

“Acordamos poñer en marcha dúas asociaciones idénticas, unha de Portugal e outra de España. O seguinte paso será federarnos, inventariar todos os lagares da península, consideramos que hai 1500, e solicitar que sexan BIC Europeos e logo Patrimonio da Humanidade”, sinala Luis Paadín.

Estes obxectivos plásmanse no “Manifesto de San Esteban dos Lagares Rupestres”, reflexo das conclusións foro hispano-luso sobre lagares ao que asistían preto de 200 persoas. Nel destácase que “os lagares escavados na rocha (lagares rupestres), que existen en toda a conca mediterránea, son unha proba de que a produción de viño é emblemática e culturalmente identitaria deste territorio”.

Esta é xa a tercerra reunión de expertos de lagares que se celebra na península, tras as da Rioxa e Valpaços (Portugal), o pasado ano.

Artigos relacionados

Back to top button