DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As nadadoras do Sincro Ourense suman 5 ouros no campionato galego de base de verán

O sábado 10 de xuño celebrarase en Ourense a Copa Deputación de natación sincronizada

A piscina do INEF de Oleiros acollía na xornada do 3 de xuño, o campionato galego de base de natación sincronizada de verán, no que o Club Sincro Ourense lograba a medalla de ouro coas catro coreografias presentadas.

Na categoría de base 1 participaron as nadadoras Martina Álvarez, Candela Flores, Andrea Rodríguez, Laura Iglesias, Martina Bericat, Andrea Cortón, Alicia Cid, Uxía Sánchez e Sabela Calvo, conseguindo a medalla de ouro coa coreografía Río. En base 2, o grupo ourensán estivo formado por Paula Moure, Noa Touriño, Alejandra Baliñas, Noa Bobillo, Estela Domínguez, María Pousa, Carmen Reboredo, Sabela Rodríguez, Dulce Romero e Elia Rodríguez e consiguía dúas medallas de ouro: en equipo libre coa coreografía Rap e en rutinas combinadas coa coregrafía Aladín. E na categoría de Base 3 o ouro na rutina combinada era tamén para o Sincro Ourense coa coreografía México. Este grupo está formado por Sarah Sánchez, Sara Rodríguez, Marta Rigüela, Tania Barreda, Paloma Piñeiro, Paula González e Irene Orozco.

Además das medallas de ouro por equipos, o club ourensán subía tamén ao máis alto do podio de figuras de base 2 , co ouro de Noa Bobillo e a prata de Alejandra Baliñas.

O vindeiro sábado todas estas nadadoras participarán na Copa Deputación de Ourense que se celebrará en xornada de mañá e tarde na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button