Despois da magnífica actuación de Alba de Vales no Xeriátrico Luces do Sil o día 14 e do forzoso aprazamento da actividade a celebrar no Concello, Parada de Sil podía finalmente celebrar un acto con “moita participación de adultos e nenos, procurando facer unha vez máis actos interxeneracionais” que o alcalde, Aquilino Domínguez considera de “grande aprendizaxe”.
O acto, dirixido por Leticia Rodríguez da ANPA Os Noviños, comezou cunha explicación dos motivos polos que se celebra, para conservar a memoria. Logo proxectáronse imaxes de mulleres destacadas de Galicia entre as que se incluíu a Dona Rosa Pons, mestra catalana que deixou unha forte pegada en Parada de Sil, mentres os cativos procedian a ler unha frase cando aparecía a proxección na pantalla.
Todos os asistentes recibían un obsequio confeccionado pola ANPA e ao remate servíase un chocolate con bica de Parada de Sil.