EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

“Networking Galicia Empresa” en Viloira (O Barco), coa presenza do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía

Francisco Conde avoga pola colaboración entre administracións e, á súa vez, co tecido produtivo para abrir novas oportunidades para a atracción de investimentos

 

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou hoxe da convocatoria de dúas liñas de axudas para apoiar o tecido empresarial galego en proxectos de economía circular e con préstamos directos. Durante a súa participación nunha xornada de networking, en colaboración coa Asociación de Empresarios do Barco de Valdeorras e celebrada na Casa Grande de Viloira (O Barco), Conde explicou que a primeira destas liñas de apoios, para promover procesos e consumos máis eficientes entre Pemes e autónomos, suma 1,5 millóns de euros e está aberta desde este mes. Achega axudas máximas de ata 200.000 euros para proxectos colectivos e de 75.000 euros para iniciativas individuais.

 

 

Por outra banda, a segunda liña son préstamos directos que suman 18M€ e que, desde este mes, a Xunta pon á disposición de pemes, autónomos, centros tecnolóxicos, fundacións e organizacións empresariais. Teñen como obxectivo financiar investimentos estratéxicos e tamén axudar á industria fronte ao incremento do custo das materias primas e a enerxía.

 

 

Na súa intervención, Conde, que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, avogou pola colaboración entre administracións e, á súa vez, co tecido produtivo para abrir novas oportunidades para a atracción de investimentos. Ao respecto, referiuse á contribución que fan os Concellos Emprendedores —como O Barco e Carballeda de Valdeorras— á hora facilitar a implantación de novos proxectos empresariais que veñan diversificar e complementar o tecido produtivo galego.

 

 

Conde salientou a importancia de “estar preto das empresas; sobre todo —puntualizou—, das máis pequenas” e, nese contexto, destacou os bos datos de exportacións acadados na provincia de Ourense de xaneiro a novembro, con 1333,2 millóns de euros, un 21,5% máis que no mesmo período de 2021. Neste contexto, recoñeceu que a comarca de Valdeorras é a capital do sector da lousa en Galicia, onde se concentra o 90 por cento da produción, con 2400 postos de traballo vinculados en toda a comunidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button