DeportesÚltima hora

Nicolás Sierra (C. Montaña Trives BTT), subcampión provincial en dúatlon

Competía na categoría alevín no Dúatlon Escolar do Concello de Maside, que era final provincial do programa Xogade
Nicolás Sierra, primeiro pola esquerda, no podio./ Foto cedida.

Era a primeira competición na que competía a recén creada sección de mini BTT do Club Montaña Trives e conseguíase un subcampionato provincial. O alevín trivés Nicolás Sierra Rioz quedaba segundo no Dúatlon Escolar do Concello de Maside, que se celebraba este sábado 30 de marzo, e que era ademais final provincial dentro do programa Xogade.

A nova sección de mini BTT do Club Montaña Trives conta con 15 rapaces de Manzaneda, Trives e doutros municipios próximos e teñen xa en marcha algúns proxectos.

 

O corredor trivés, noutra imaxe no podio./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button