A RúaConcellosO BarcoTrivesÚltima horaVilamartín

Ningún concello da provincia de Ourense estará no nivel máximo de restricións dende o sábado

O Barco de Valdeorras pasará ao nivel alto mentres que Vilamartín de Valdeorras, A Pobra de Trives e A Rúa continurán no nivel medio

 

Ningún concello ourensán estará desde este sábado no nivel máximo de restricións. O comité clínico que asesora á Xunta decidiu na reunión deste martes baixar ao nivel alto de restricións a O Barco de Valdeorras. Neste nivel continúan unha semana máis Ourense, Barbadás, Verín, Avión e Carballiño. As novas medidas entran en vigor ás 00:00 horas do sábado 7 de agosto.

Polo tanto nestes concellos do nivel alto de restricións será obrigatorio presentar a proba covid negativa só cando se consuma no interior dos locais. En terrazas non será necesario presentar o documento. En canto aos aforos, tanto no interior dos locais como no exterior será do 50%. O lecer nocturno pode abrir, pero só ata a 1 e en terrazas, con 50% de aforo.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos ourensáns: Beariz, Boborás, Maceda, Pereiro de Aguiar, Vilamartín de Valdeorras, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Xinzo de Limia e Esgos.

Nestes concellos limítase a permanencia en grupos ata un máximo de seis persoas, en espazos pechados e dez persoas, en espazos abertos ou ao aire libre, agás que se trate de conviventes. Entre a 3.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes. En canto aos aforos, tanto no interior dos locais como no exterior será do 50%. O lecer nocturno estará permitido no interior ao 50%, con acreditación inmunidade, e nas terrazas ao 100% con horario de peche ás 03.00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button