OurenseÚltima hora

Ningún positivo de Covid no cribado realizado na Praza de Abastos Nº 1 de Ourense

Praza de Abastos Nº1 de Ourense.

 

Sen positivos en coronavirus no cribado que se lle realizaba na ponte do 12 de outubro aos comerciantes da Praza de Abastos Nº1 de Ourense. Así o confirman dende esta praza, que agradece tanto ao Sergas como ao xerente da Área sanitaria de Ourense, “a rapidez e profesionalidade para levar a cabo as probas. Así mesmo tamén se quere recoñecer desde a praza o labor de sanitarios e persoal sanitario en xeral o seu bo trato e traballo”.

Esta medida enmárcase dentro doutras máis amplas, que se tomaron para garantir que o mercado “sexa un espazo seguro, como poden ser o control de aforos, distancias, colocación de xeles hidroalcohólicos, ventilación constante, e renovación forzada do aire exterior cada 45 minutos ou a potenciación do servizo a domicilio”, tal e como explican dende a Praza de Abastos Nº1.

Sinalan tamén que, “tanto comerciantes como clientes valoraron moi positivamente estas accións, e seguirán traballando a futuro para adoptar todas aquelas medidas que garantan unha contorna segura”.

Así mesmo o colectivo fai un chamamento a “non baixar a garda ante o virus, e seguir extremando as medidas de seguridade tanto praceiros, como clientes”.

Artigos relacionados

Back to top button