A RúaConcellosÚltima hora

No 2024 os voluntarios de Protección Civil da Rúa participaban en máis de 200 operativos

Membros de Protección Civil da Rúa cun Policía Local./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O labor que desenvolven as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil está fóra de toda dúbida, presentes en todo tipo de actividades, emerxencias e axuda á cidadanía.

No caso do Concello da Rúa conta cunha agrupación moi activa, con numerosas saídas no 2024. Tal como indican na memoria anual, “en 204 días 16 voluntarios fixemos 211 operativos adicando 583 horas e media do noso tempo en beneficio da comunidade”.

Atendían 75 chamadas de emerxencias do 112, colaborando coa Policía Local, co GES Valdeorras, cos Bombeiros do parque comarcal, coa Garda Civil de Tráfico e “con canta agrupación de Protección Civil o solicitou”. Tamén cos Concellos de Manzaneda, Quiroga, Larouco, Petín, O Barco e A Pobra de Trives, clubs deportivos e “toda clase de entidades, escolas, asociacións de veciños,…

 

Retirando unha árbore caída polo vento./ Foto cedida.

 

Ademais, no 2024 formábanse seis voluntarios en varios cursos de aprendizaxe deprazándose ata a Academia Galega de Seguridade no concello da Estrada, no concello de Quiroga e no de Petín; asistindo a cursos de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, de desfibrilación, de regulación do tráfico en emerxencias,…

Entre os operativos nos que participaron a maioría foron accidentes de vehículos (25) seguidos de accidentes de persoas, animais soltos, incendios,… Tamén é destacable o labor que están a desenvolver na loita contra a vespa velutina (revisión, eliminación e/ou retirada de niños), sen esquecer os operativos de oficina e atención ao público.

 

Artigos relacionados

Back to top button