SanidadeÚltima hora

No Día Mundial da Enfermería a Área Sanitaria ourensá “defende o valor de futuro” desta profesión sanitaria

A pandemia amplificou entre a poboación o seu valor na saúde comunitaria e deu a coñecer a multiplicidade das súas funcións dentro e fóra dos centros sanitarios

 

Neste 12 de maio, Día Mundial da Enfermería, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras secunda o lema proposto este ano polo Consello Internacional da Enfermería “As nosas enfermeiras. O noso futuro”, facendo “público o valor o imprescindible do seu traballo no funcionamento dos centros sanitarios públicos e na saúde tanto actual como nos vindeiros anos”, sinalan dende o Sergas.

A pandemia puxo de manifesto o seu valor na saúde comunitaria e permitíu dar a coñecer tamén á sociedade a multiplicidade de funcións que desenvolven non só na asistencia en unidades de hospitalización e centros de saúde, senón tamén como profesionais da saúde que desenvolven actividade docente, investigadora, como titoras de especialistas e como enlace coa sociedade a través da saúde comunitaria e sociosanitaria.

Nesta data hai que lembrar que as enfermeiras e enfermeiros non só procuran saúde por medio dos coidado, senón que tamén contribúen a mellorar o estado de saúde da poboación por medio da prevención e da investigación, cara a unha mellora continua que se apoia na evidencia.

Segundo explica Miriam Vázquez, enfermeira da Unidade de Calidade da Área de Ourense, “faise fai necesario aproveitar as fortalezas da ciencia par impulsar os coidados baseado na evidencia e con iso satisfacer as necesidades da poboación actuais e futuras, para anticipar os futuros desafíos”.

Coidados baseados na evidencia

Nesta liña, na actualidade conflúen numerosas profesionais e colectivos de traballo que teñen como estratexia crave desenvolver liñas de investigación enfermeira orientada a resultados, con enfoques personalizados que maximicen a saúde e o benestar das persoas en todas as etapas da vida e en diversas poboacións e contornas máis vulnerables.

Mostra delo é o traballo que están a desenvolver desde o Grupo de Investigación de Enfermería Nefrolóxica, liderado por Silvia Casares Cid, supervisora da Unidade de Nefroloxía no Hospital Universitario. Este grupo realiza investigación relacionada coas problemáticas e necesidades do paciente con patoloxía renal, co obxectivo de obter coñecemento científico que redunde no mellor coidado renal.

Xunto a eles, desde o Grupo FEMORA, un colectivo de profesionais de toda a comunidade autónoma, liderado pola enfermeira ourensá Andrea Pérez Dinamarca dedícase a procura do coñecemento científico máis actual, a síntese de evidencia, a elaboración de protocolos e procedementos de enfermería, así como á difusión dos mesmos.

O Grupo EVISTER que dirixe Reyes Pérez Fernández, fisioterapeuta e profesora da Escola U. de Enfermería de Ourense está centrado na procura de evidencias científicas do uso terapéutico dos recursos termais dos que é rico Ourense. Con numerosas publicacións e liñas de traballo, son xa un referente neste eido.

Con varios premios recollido e unha intensa actividade Proxecto Alba, está formado por un grupo de enfermeiros e enfermeiras procedentes das unidades de críticos, liderados por Rebeca Maria Gómez Espinosa, que están a desenvolver un conxunto de ferramentas formativas e que facilitan o acceso do persoal de enfermería ao variable e complexo equipamento de uso habitual nestas unidades.

O Observatorio contra a Discriminación do Maior que lidera a propia Miriam Vázquez Campo, foi merecedor dun dos premios de humanización da área sanitaria, e ten por obxectivo investigar, formar e sensibilizar sobre a crecente lacra do idadismo á sociedade e aos profesionais. Desenvolvendo estudos e actividades interxeracionais con outros grupos etarios, co obxectivo de detectar, loitar e previr a discriminación do maior dentro da sociedade e no contexto sociosanitario en particular.

A responsable da Unidade de Calidade tamén é a representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Centro Español Para Coidados de Saúde Baseado na Evidencia (CEGBE) que ten como misión impulsar, liderar e coordinar iniciativas que promovan a toma de decisións dentro do marco dos coidados baseados na evidencia para mellorar os resultados en saúde.

Xunto a eles, desde a Unidade de Crónicos de Atención Primaria, que lidera Verónica Cibeira, aléntase, estimúlase e desenvólvense numerosas actuacións de prevención e manexo da enfermidade, desde os centros de saúde e fóra, no marco da saúde comunitaria, de prevención e coidado da saúde, e tamén de empoderamento dos pacientes no seu coidado. Toda unha rede de actividades que cruza a provincia e que amparan e dotan de respostas novos métodos de coidados basados en resultados, e que xa recolleron numerosos premios.

Artigos relacionados

Back to top button