ConcellosÚltima horaViana do BoloVídeos

No seu “Concerto das Letras” o Orfeón Vianés comparte escenario coas pandereteiras de Abaneo

A actuación finalizaba coas dúas agrupacións interprentando xuntas o himno galego

 

O programa de actos das Letras Galegas en Viana do Bolo tamén se iniciaba este sábado, 13 de maio, con música. A Casa da Cultura acollía a partir das 20:30h. o Concerto das Letras do Orfeón Vianés, que este ano convidaba a outra formación musical de Viana: ás pandereteiras da Asociación Cultural Abaneo.

O primeiro en actuar era o Orfeón Vianés, que dirixe Manuel Vila Simón, incluía as seguintes pezas: “Compañeira”, “A roliña”, “Xa non sei cantar” (as tres cancións tradicionais galegas), “Pinga con limão” (popular brasileira) e a habaneira “La bella Lola” (anónima).

 

 

Despois era a quenda das pandereteiras, cuxa profesora dende o 2019 é Marián Salgado. Inrpretaban cinco cancións: “Baila Manueliño” (maneo tradicional recollido nas terras ourensás de Oroso), “Todos me queren” (canción popular de procedencia portuguesa), “Vén bailar Carmiña” (valse tradicional), “Vira” (peza de orixe portuguesa) e o “PIRIMPImPIn”, interpretada xunto coas nenas que recentemente se incorporaron ás pandereteiras.

 

 

O concerto finalizaba coas dúas agrupacións, o Orfeón Vianés e as pandereiteiras de Abano, interpretando o himno galego con pandereitas e gaitas.

A presidenta do Orfeón Vianés, Pilar Pérez, agradeceu a súa participación neste concerto aos membros de ambas entidades e agasallou a Abaneo cuns detalles. Ademais, tanto ela como o director do Orfeón Vianés animaron ás persoas interesadas na música e no canto a sumarse a esta entidade coral.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button