ConcellosO BarcoÚltima hora

No xantar da XXI Festa do Botelo serviranse 880 quilos de botelo e 150 de chourizo

O pavillón de Calabagueiros acollerá mañá a uns 1.300 comensais

Mesas para o xantar no pavillón de Calabagueiros.

 

Todo listo para o gran día do Botelo do Barco. Mañá, sábado 21 de xaneiro, celébrase a XXI edición desta festa, coa que tamén se dá comezo ás II Xornadas Gastronómicas do Botelo e Cocido Valdeorrés en 18 restaurantes do Barco, Vilamartín e Sobradelo que se estenderán ata o 19 de febreiro.

No pavillón de Calabagueiros, que reunirá a unhas 1.300 perosas, están a ultimar os detalles para o xantar, no que se servirán 880 quilos de botelo, acompañado de 150 quilos de chourizo, 500 quilos de patata e 500 quilos de verdura. Ademáis, están dispostas 700 botellas de viño e, de sobremesa, 150 bicas e 60 tortas de roxóns.

 

Botelos a secar.

Artigos relacionados

Back to top button