En portadaEntroido 2024Última hora

Noa Vaz, ganadora do Concurso de Carteis de Entroido de Viana do Bolo

O seu deseño, co título "Orgullo vianés", será a imaxe anunciadora desta ancestral celebración neste 2024

 

Nun acto celebrado neste mediodía no salón de plenos do Concello de Viana do Bolo dábase a coñecer a imaxe do cartel anunciador do Entroido 2024 de Viana do Bolo. O alcalde de Viana, Andrés Montesinos, presentábao xunto á ganadora do concurso de carteis deste 2024. Trátase dun deseño titulado “Orgullo vianés”, moi colorista e que reúne os principais referentes desta antiga celebración. Así na parte superior e central aparece a figura do Boteiro e, baixo el, o bombo dos fulións. Tampouco faltan ás alusións aos Lardeiros anunciadores da festa, á comparsa (coa figura do Director) ou á mula couceadora.

Este deseño era escollido no concurso de carteis convocado polo Concello de Viana ao que se presentaban 15 propostas. Delas resultaba ganadora a de Noa Vaz Macías, unha moza de 17 anos, alumna do IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Este primeiro premio estaba dotado con 300 euros e con dous entradas para a Festa da Androlla de Viana, que se celebra o Domingo Gordo.

Imaxes cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button