Tras as votacións e valoracións de febreiro, Noelia Quintela, natural de Mouruás (San Xoán de Río), conseguiu pasar á segunda fase de “The Jungle Battle”, a primeira competición de danza multidisciplinar unicamente virtual.
Agora comeza un novo período de votacións que se prolongará ata o 7 de marzo, no que o participante máis votado de cada categoría conseguirá pasar á seguinte fase, a terceira. As persoas que queiran apoiar a Noelia poden facendo de forma moi sinxela, tan só teñen que entrar en https://www.junglebattle.com/2021/03/03/sds-noelia-quintela/ , onde pode verse o vídeo coa súa coreografía, e votar.
Esta moza de 15 anos, do Star Dance Studio de Barcelona, conta cunha destacada traxectoria con títulos a nivel estatal en modalidades como o Hip-Hop, pero tamén a nivel mundial. Neste concurso Noelia Quintela enfróntanse a participantes de moita calidade e nivel, algúns incluso profesores.