CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Noite a ritmo de blues, soul e rock & roll, na II Festa do Casco Vello do Barco

Numerosas persoas sumábanse na tarde-noite do 16 de xuño á II Festa do Casco Vello do Barco. Arredor das oito comezaban a visitar as casetas, nas que podían degustarse viños, así como diversos produtos gastronómicos. Tamén se enchían as terrazas dos establecementos de hostalaría da praza Maior.

En torno ás once comezaba un dos primeiros concertos dunha noite que estivo marcada polos ritmos soul, blues, rock & roll e funk. Os primeiros en subirse ao escenario eran os coruñeses The Lákazans, que soaban ata a medianoite. Despois, collían o relevo musical as integrantes da formación viguesa “The Malvertons”.

A festa continuará no mediodía do 17 de xuño cunha sesión vermú a cargo de Os Piñeiros e cun xantar popular na praza do Sagrado.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button