ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Noite de Comadres e troula na Cafetería Pontenova, en Sobradelo

Aperitivos, lacón con grelos, chourizo e panceta, e postres caseiros. Foi o menú que degustaron as 53 mulleres que na noite do 8 de febreiro celebraron a cea de Comadres na Cafetería Pontenova de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

O local ten moita sona en toda a comarca na organización de aniversarios, “temos unha media de 5 á semana” asegura Liliana, e agora tamén na organización dos actos de celebración do Xoves de Comadres. Unha noite de boa comida e sobre todo, moita diversión.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button