En portada

Noite de estrelas en Trevinca

O Concello da Veiga organiza unha observación astronómica de Perseidas o 11 de agosto
Cartaz desta actividade astronómica promovida polo Concello da Veiga.
Cartaz desta actividade astronómica promovida polo Concello da Veiga.

Desfrutar das Perseidas no teito de Galicia. É a proposta que se lanza dende o Concello da Veiga na noite do 11 de agosto con motivo das denominadas “bágoas de San Lourenzo”. Así na montaña de Trevinca terá lugar unha observación astronómica de Perseidas que estará dirixida por Óscar Blanco. As persoas interesadas en obter máis información ou en inscribirse poderán facelo na Oficina de Turismo da Veiga ou chamando ao teléfono 988 35 01 30. O prezo desta actividade é de 18 euros e inclúe a cea.

Ademais existen unha serie de ofertas de aloxamento nos establecementos de hostaleiría veigueses de Eido das Estrelas, Eido do Trisquel e O Trisquel.

Esta actividade enmárcase tamén no traballo a prol do turismo astronómico que se está a desenvolver dende o Concello da Veiga. De feito, este municipio do Xeodestino Manzaneda-Trevinca é candidato a ser “Destino Turístico Starlight”.

Artigos relacionados

Back to top button