CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Noite de foliada, o sábado 12 de novembro na Rúa

Sete agrupacións de música tradicional tocarán, a partir das 21 horas, polos bares da vila

Foliada de Abertal na pasada edición do seu magosto./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este ano o magosto de Abertal, na Rúa, trae un final de festa moi especial. O vindeiro sábado 12 de agosto, despois da degustación de castañas asadas, chourizo con pan e bica amenizada pola música de sete agrupacións tradicionais, na praza de Fontei, será o momento da Noite de Foliada con ruta de pasatabernas, con eses mesmos grupos, por diferentes establecementos hostaleios da vila.

O percorrido comezará en torno ás 21 horas e contará coa actuación de Candaira (Castrelo de Val), Estoupapotes (Pobra do Brollón), Mencía (Toral de los Vados), Macizas Centrais (A Pobra de Trives), Quinchousa (Manzaneda), Os Parrandas (Córgomo) e Abertal (A Rúa).

Está organizado pola Asociación Cultural Abertal coa colaboración dos seguintes locais: Pillabán, O Retorno, O 4, Orballo, Orly, Bar Norte, Bravo Lux, A Skina, A Cervecería, O Melín e O Café.

 

Artigos relacionados

Back to top button