CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Noite de rock con The Mirage na Sala Baranda do Barco

A banda viguesa actuará mañá, venres 23 de novembro, a partires da medianoite
The Mirage Rock.

Consolidado como “un referente do hard rock nacional” a banda The Mirage revive a forma de transmitir o rock das bandas británicas e americanas dos anos 70 e 80, cun estilo propio, fresco e actual, no que combina bases potentes con liñas melódicas e directas.

Doce anos despois do seu álbume de debut Viviendo R’n’R e con cambios na formación, están inmersos na grabación do seu cuarto traballo de estudo e no espectáculo das actuacións en directo que os traerán ata O Barco de Valdeorras.

Actuarán mañá, venres 23 de novembro, na Sala Baranda. A entrada ao concerto, incluído no programa da Rede Galega de Música ao Vivo do Agadic, será de balde.

 

Artigos relacionados

Back to top button