EconomíaEconomíaÚltima hora

Noite de San Xoán con paella popular, o 23 de xuño na Rúa Vella

Asistentes a unha edición anterior da paella popular da Rúa Vella./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Aínda que o ano pasado tiña que ser aprazada pola meteoroloxía adversa, a Asociación Sabugueiro da Rúa Vella segue apostando pola paellla popular para celebrar a Noite de San Xoán e de paso recadar fondos para a festa de San Roque.

Será o xoves 23 de xuño a partir das 21:30 horas no campo de San Roque e cun menú que inclúe paella, postre, viño, café e chupitos (14 euros), ademais do “Gran Fin de Festa” a cargo de Disco Show Danzalia.

As entradas poden mercarse en O Colmado, Peluqueria Esencia, O’Cafe, A Cervecería e Mapfre A Rúa.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button