CulturaCulturaMúsica

Noites de Blues, Rock e Funk esta fin de semana na Rúa e en Petín

A banda Red Duck Blues Trio actuará na terraza do Bravo Lux e Bar Norte e tamén no Doble 00

Red Duck Blues Trio.

 

Esta fin de semana chega a terras valdeorresas a banda viguesa Red Duck Blues Trio, con paradas previstas na Rúa e en Petín. Concretamente actuarán o venres 2 de xuño a partir das 20:30 horas na terraza do Bar Norte e do Bravo Lux, na rúa Doutor Vila; e o sábado 3 ás 23 horas no pub Doble 00 de Petín.

A tradición e riqueza do blues hispano arxentino aparece da man desta banda, formada por músicos das bandas galegas Phantom Club e Bukowski Blues trio, unidos neste xénero que os cautivou desde o comezo das súas vidas dentro da música.

 

 

Mesturando o Blues eléctrico co Rock e o Funk esta banda está formada por Frans Banfield no baixo eléctrico e voz, Juanma Ons á guitarra eléctrica e voz, e Manuel Ares á batería e percusión, músicos que compartiron escenario con artistas de blues e o rock arxentino como Claudio Gabis, La Mississippi, Ariel Roth, José Luís Pardo, Superratones e Viticus.

Blues en castelán principalmente, con arraigamento porteño e un auténtico e potente directo que fará as delicias do público.

 

Artigos relacionados

Back to top button