CulturaCulturaÚltima hora

Noites para desfrutar do ceo en Valdeorras

 

Estes días os ceos nocturnos están ofrecendo un auténtico espectáculo do que pode desfrutarse a simple vista, sen necesidade de telescopios. Así ata a vindeira semana poderán verse as Perseidas, coñecidas popularmente como as bágoas de San Lourenzo, unha fermosa chuvia de estrelas fugaces.

Mostra destes fermosos ceos son as imaxes tomadas polo fotógrafo loispradaf dende O Val (Rubiá). Para tomar este tipo de fotografías, explica, é importante “buscar lugares nos que non haxa ningunha luz, a menos luz, máis estrelas”. Para facelas é preciso utilizar o trípode, “cun disparador e mover a cámara o menos posible, e despois darlle moito tempo de exposición porque do que se trata é de coller as bágoas de San Lourenzo, podes darlle ata 20 ou mesmo 30 segundos para intentar coller algunha estrela fugaz”, comenta este fotógrafo valdeorrés. A fotografía nocturna é cuestión de técnica, pero tamén de moita paciencia.

Fotos: loispradaf

 

 

Artigos relacionados

Back to top button