Despois da 6º edición do Salón do Automóbil – Vehículo Novo, que na fin de semana do 3 ao 5 de outubro “conseguiu satisfacer as expectativas dos expositores e as demandas dos máis de 7.500 visitantes” segundo os datos da organización, dende este venres 10 e ata o domingo 12 de outubro, haberá unha nova cita co automóbil en Expourense, o salón adicado neste caso aos Vehículos de Ocasión, organizado polo recinto feiral e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O.
Ao longo da fin de semana estará presente a quincena de concesionarios que xa participou no Salón do Vehículo Novo representando ás marcas: Alfa Romeo, Audi, BMW, Dacia, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Kia, Land Rover, Mazda, Mercedes-Benz, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo.
Nesta ocasión, os expositores presentarán unha ampla oferta de vehículos de Ocasión, un concepto no que entran os coches de kilómetro cero, seminovo, de xerencia, substitución, mostra ou segunda man. Os que merquen un coche nesta cita poderán participar tamén no sorteo dun desconto de 6.000 euros.
Tal comco explican dende Expourense, a oferta presentada neste salón será ampla pudendo atoparse vehículos dende 3.000 euros, aínda que o “vehículo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un coche que ronda os 11.000 euros e que conta con sobre tres anos de antigüidade (segundo datos da Federación de Asociacións de Concesionarios, F.A.C.O.N.A.U.T.O.).
O horario de feira será de 11 a 20h. o venres 10 de outubro, de 10 a 20h. o sábado e de 11 a 20:30h. o domingo. O prezo de entrada será de 2 euros e os menores de 12 anos poderán entrar gratis.