Asilival continúa na loita. Fiel á cita dos xoves, na mañá deste 2 de xullo volvíase concentrar, diante do Hospital Público Valdeorras, un grupo de persoas convocado dende a asociación para seguir reclamando o servizo de pneumoloxía para Valdeorras. “Non que veñan a pasar consulta, sin saber que día, senón que esté aquí”, aseguraba o presidente, lamentando que lles arrancaran a sábana que tiñan colgada diante do hospital “non sei a quen lle molesta porque nin insultaba nin se metía con ninguén, pero tranquilos que agora poremos cinco, unha en cada árbore”, dixo o presidente, informando aos asistentes do escrito que remitirán ao Valedor do Pobo e da continuación das concentracións diante do hospital durante todo o mes de xullo “para seguir facéndonos visibles porque aquí non aparece ninguén, nin da Consellería nin de Ourense, téñennos esquecidos”.
Dende Asilival aseguran que ao pasar este mes deixarán as mobilizacións “ata despois das Festas do Cristo, probablemente”.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.
