As rapazas do Rúa-Valdeorras CF que militan nesta tempada na primeira división Galicia sénior de fútbol sala non acaban de collerlle o punto ao xogo. Non é de extrañar xa que moitas delas veñen de xogar ao fútbol pero no que vai de tempada unicamente sumaron unha vitoria en catro xornadas.
A última derrota, por goleada, tiña lugar na tarde do 9 de novembro no pavillón polideportivo do Aguillón, na Rúa, no partido contra Ribeiro do Avia FC. Xa na primeira parte as rapazas de Ribadavia adiantábanse no marcador 0-4 e malia que Samanta marcaba para as locais no minuto 42, as visitantes seguían sumando ata chegar ao 1-7 final.
Con este resultado as valdeorresas sitúanse no posto 11º da clasificación con 3 puntos. O seguinte partido xogarano na cancha do Xinzo Feminino F.S.
Fotos: Mónica G. Bellver