CulturaCulturaÚltima hora

Nova doazón de fósiles do paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez ao Museo Xeolóxico de Quiroga

 

Seguen medrando os fondos do Museo Xeolóxico de Quiroga. Nesta ocasión cunha espectacular colección de fósiles entregados polo paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco. Con motivo da preparación da saída de campo ao Xeoparque Montañas do Courel dun congreso nacional de paleontoloxía que se celebrará na Coruña, Gutierrez Marco, facía entrega desta importante colección ao museo. Estes fósiles están sendo catalogados para a súa posterior exposición ao público.

“Cabe recordar que dende marzo deste ano o Museo Xeolóxico expón tamén unha importante e espectacular mostra de minerais de todo o mundo. Das 700 pezas que acolle o museo preto de 500 pezas foron entregadas por Gutierrez Marco”, destacan dende o Concello de Quiroga.

Na súa colección atópanse piritas, granates, mica, cuarzo, aragonito, xeso, …- procedentes de países como a República Democrática del Congo, Madagascar, China, Guatemala, Chile, India, Estados Unidos, México, Rusia…

O paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco é membro do Comité Científico do Xeoparque Montañas do Courel e prestou asesoramento técnico para o impulso da estratexia que o levaría a obter o recoñecemento como Xeoparque Mundial da UNESCO.

Foto: Concello de Quiroga.

Back to top button