ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Nova edición da Bicicletada do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

Esta iniciativa, que implica á comunidade educativa, enmárcase dentro do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura

 

A deste xoves era unha mañá moi especial para a comunidade educativa do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). Ás nove e media da mañá deste 15 de xuño alumnado, profesorado e algunhas nais e pais, reuníanse, bicicleta en man, no exterior do centro para  participar nunha edición da “Bicicletada”. Minutos despois, e precedidos pola Policía Local iniciaban unha marcha cicloturista rumbo ao polígono da Raña, na que estaban acompañados tamén polo GES Valdeorras e pola Cruz Vermella Valdeorras.

 

 

Tras saír do colexio, cruzaban o río Sil pasando pola ponte de San Fernando e dirixíanse, polo casco antigo, ata o Malecón. Dende alí xa enfiaban ata o polígono, onde tiñan previsto dar a volta para regrasar, pola outra beira do río, pola estrada ata o CEIP.

 

 

 

 

O centro tan xa organizado anteriormente esta iniciativa, que se celebraba por vez primeira no 2017 dentro do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura. “Esta é unha ruta cicloturista para promover a práctica da actividade física cun deporte que os nenos despois poden trasladar ao seu tempo libre en familia”, destacan dende o centro escolar.

 

 

Ademais, dende o CEIP Otero Pedrayo amosábase o seu agradecemento á Policía Local, GES Valdeorras e Cruz Vermella pola súa colaboración.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button