
O grupo moteiro Balas Rasas e a asociación Motoxeada, en colaboración co Concello de Carballeda de Valdeorras, teno todo preparado para a Motoxeada 2024, a concentración motorista invernal galega que se celebra esta fin de semana en Fonte da Cova (Trevinca).
A xuntanza inclúe coma sempre un completo programa de actividades para os asistentes (merendas, ceas e festas moteiras, rutas turísticas, porco ao espeto,…)
Máis información en www.facebook.com/motoxeada/.




