Deportes

Nova vitoria do Club Voleibol Ourense, desta volta en Madrid

O conxunto ourensán vencía con contundencia ao equipo madrileño Recuerdo
Equipo do CVO Hemisferios Ribeira Sacra.

O Club Voleibol Ourense “Hemisferios Ribeira Sacra” continúa coa boa racha, logrando a segunda vitoria da tempada (1-3) na cuarta xornada de liga fronte ao equipo madrileño Recuerdo, despois de remontar o set inicial en contra.

Tal como explican dende Ourense, o Hemisferios saíu “un pouco frío” e as madrileñas anotaron sen problemas o primeiro set 25-14. Mais, lonxe de desanimarse, as ourensás comezaron a dominar o xogo dándolle a volta ao marcador no segundo set, pasando dun 20-18 ao 20-25 final, cun parcial de sete a cero. A partires de aí, as rapazas do Ribeira Sacra despregaron “un gran xogo colectivo” co que venceron nos seguintes sets por 17-25 e 18-25.

O domingo 5 de novembro o CVO Hemisferios recibirá ao líder o Rivas Ciudad Deporte no pavillón de O Pompeo de Ourense, onde se disputará o encontro a partires das 12h.

Artigos relacionados

Back to top button