DeportesEn portadaPiraguismoÚltima hora

Nova vitoria de Jesús Rodríguez León nun 55º Descenso do Sil pasado por auga

 

A chuvia marcaba esta 55ª edición do Descenso do Sil, na que estaban inscritas unhas 169 embarcacións e uns 223 padexeiros, segundo os datos da Federción Galega de Piragüismo. O ganador en K-1 sénior era novamente Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco), que non tivo rival.

 

 

A primeira embarcación en chegar á liña de meta era o K-2 sénior de Miguel Castañón e Luis Amado Pérez (Fluvial Barco), ganador nesta categoría.

Pese á chuvia, eran moitas as persoas que seguían a competición tanto dende a saída como ao longo do río en diferentes puntos e mesmo na meta, situada no Malecón do Barco.

Fotos: A.R.

En breve ampliarase información e galería fotográfica.

 

 

O 55º Descenso do Sil, dende a saída ata a meta

 

O 55º Descenso do Sil, dende a saída ata a meta

Artigos relacionados

Back to top button