EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Nova xornada de traballo no taller do Proxecto Lugares, nas covas de Seadur (Larouco)

 

O Proxecto Lugares continúa o seu percorrido en terras valdeorresas. Neste venres 21 de abril tiña lugar en Seadur (Larouco) unha nova xornada do obradoiro entre a comunidade local e un grupo de persoas participantes no seminario (profesionais da arquitectura, do deseño, da artesanía e da paisaxe).

Baixo a mediadión de Maé Durant, o reto é deseñar, xuntos, un lugar. Ese lugar será un novo espazo público do Camiño de Santiago que agromará de forma colaborativa, a través da transmisión, neste taller, das técnicas e coñecementos de arquitectura, paisaxe, artesanía e deseño; e no que se terán en conta as conclusións e boas prácticas presentadas no seminario de Palas de Rei.

Entre as actividades da xornada de hoxe houbo algún paseo pola contorna e unha exhibición, xa no interior dunha cova, de talla en pedra a cargo de Enrique Álvarez Barreiro, de Esculpedra.

Mañá a partir das seis da tarde presentarase o traballo destes días e conclusións finais do proxecto.

Fotos: Rubén Vilanova.

Artigos relacionados

Back to top button