EconomíaEconomíaÚltima hora

Novas concentracións en abril no Barco en defensa do sistema público de pensións

CCOO e o Colectivo de Pensionistas de Valdeorras convocan mobilizacións en defensa do sistema público de pensións, no Barco de Valdeorras
Imaxe da concentración en defensa das pensións celebrada no Barco en marzo.

A Unión Intercomarcal de CCOO de Ourense-Valdeorras, xunto co Colectivo de Pensionistas de Valdeorras, veñen de convocar neste mes de abril unha serie de mobilizacións en “defensa dunhas pensións dignas e do sistema público de pensións”.

Así celebrarán concentracións na Praza do Concello de O Barco de Valdeorras tódolos venres do mes de abril ás 12:00 h. A primeira delas está convocada para este venres 6 de abril e, nela, “rexistraremos no Concello de O Barco unha moción de apoio ás demandas dos pensionistas deste país e ás manifestacións convocadas para o domingo 15 de abril en todo o estado en defensa do “Sistema público de pensións, hoxe, mañá e sempre” e por unhas pensións dignas, para que sexa debatida e, esperamos aprobada, no seguinte pleno do Concello”, tal e como se informa dende CCOO.

Os convocantes fan un chamamento á participación “a toda a cidadanía da comarca de Valdeorras”, e “especial á xuventude”, nestas mobilizacións “xa que, o que está en xogo é a viabilidade do sistema público de pensións, por riba das “pírricas” subas anunciadas na presentación dos orzamentos xerais do Estado para as pensións mínimas, que non lle garanten o desenvolvemento dunha vida digna ás e ós nosos maiores”.

 

Artigos relacionados

Back to top button