
O Centro Sociocultural de Santa Lucía acollerá o sábado 11 de decembro, entre as 10 e as 14h. a xornada “Novas tecnoloxías e dixitalización aplicadas ás colmeas”. O curso abordará, entre outras cuestións, o control remoto do estado das colmeas, a dixitalización e o uso de novas tecnoloxías no colmear, a organización e planificación dos traballos e a instalación óptima dun novo colmear.
Esta xornada xa se impartía o 1 de decembro na Gudiña, e, tras a sesión de Vilamartín, terá lugar outra nova o 15 decembro en Barbadás (Ourense) no CET, tamén de 10 a 14h.
Ademais, se o tempo acompaña, tentarase ir ao colmear e facer unha primeira parte teórica e outra práctica.