EconomíaEconomíaÚltima hora

Nove establecementos participan este venres, 11 de xuño, na campaña “Descontos na Rúa”

A campaña está organizada por Aeva en colaboración co Concello

Xornada de descontos na Rúa antes da pandemia. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro venres 11 de xuño celebrarase na Rúa unha xornada de descontos de ata o 60%  en mercadoria de tempada co obxectivo de premiar a fidelidade e ofertar un avance das rebaixas de verán.

Os nove establecementos que participan nesta sexta edición da campaña, cunha decoración identificativa, pertencen a distintos sectores: Arnaveca Comunicación (telefonía), Muebles de la Fuente e Resto Colchón (móbeis e complementos de fogar), Fios e Confecciones Rosendo (téxtil), Agrival (floraría e fitosanitarios), Perfumería Compostela (droguería e beleza), Deportes Aris (deportes) e Mercería Raquel (mercería e complementos).

A diferenza doutras edicións, nas que se facían as promocións entre oito a doce da noite, nesta ocasión están programalas para toda a xornada, dende a apertura ata o peche, que se retrasa ata as nove da noite para non interferir na actividade dos negocios de hostalaría que teñen restricións no horario de peche.

Os clientes que fagan compras durante a xornada do venres, deixarán o ticket de compra, no que poñerán o seu nome e teléfono de contacto, no propio establecemento, e cada un deles sorteará un vale de compra para cambiar na tenda que entregou o premio.

A campaña está organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Concello da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button